Empoderando e transformando.
Con Xeitiño, ben feitiño.
Xeitosa é unha produtora cultural especializada na creación, produción e comunicación de proxectos con identidade propia e perspectiva de xénero.
Traballamos no deseño e desenvolvemento de eventos culturais, especialmente musicais e escénicos, integrando narrativa, estética e contido para crear experiencias significativas. Ademais, acompañamos a artistas e proxectos culturais no seu crecemento, ofrecendo servizos de comunicación, prensa e estratexia, co obxectivo de ampliar o seu alcance e consolidar a súa identidade.
Entendemos a cultura como unha ferramenta de transformación social, e por iso apostamos por situar ás mulleres en espazos de liderado, dirección e toma de decisións dentro do sector.
En Xeitosa Producións colaboramos con artistas que representan o mellor da música galega. Desde voces consagradas ata novas promesas da escena underground, aseguramos que cada evento teña un toque auténtico e especial. Apostamos pola riqueza da nosa cultura e por levar as súas melodías a todos os recunchos.
Ofrecemos un servizo integral para a organización de concertos e festivais, encargándonos de todo: selección de artistas, coordinación técnica, tramitación de permisos, sonorización, iluminación, escenarios e moito máis. Adaptámonos ás necesidades de cada cliente, garantindo un evento impecable e sen complicacións.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcionalidades e características.