Xeitosa Producións

Do Rivés nace da necesidade de retornar á pureza do son da pandeireta, lonxe da electrónica e o folk comercial. Cunha posta en escena que destila complicidade e a forza salvaxe da Costa da Morte, o grupo reivindica o dialecto e a calidade dunha transmisión oral viva.