Xeitosa Producións

Meiga-i vive un momento de profunda evolución creativa. Está inmerso nun proxecto apaixonante: a creación dun novo disco e espectáculo en directo, froito dun proceso de composición coidado que comezou en 2023 e que está florecendo con forza en 2024. Letras que contan historias, música que busca un son propio e unha identidade artística sólida marcan este novo camiño.

Durante este tempo, o artista non deixou de sorprender con iniciativas e participacións diversas, así como impartiu palestras e compartiu coñecemento no Consello da Cultura Galega e nas Xornadas Erasmus+.

Tamén destaca pola súa versatilidade: escribe guións, presenta eventos como Youtubeiras+, crea contido para plataformas como A Movida e promove espazos como o Clube DJ, onde comeza a despuntar como mesturadora musical.

En resumo, estamos diante dun ano de sementar para recoller, de creación constante, de abrir camiños novos. Un artista que non para de crecer, de compartir, e que está a preparar algo grande para o futuro inmediato.