Os Carecos son un grupo de música tradicional galega que iniciou a súa viaxe sonora en 2014, cando as súas voces se atoparon na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espesante. Dende entón, abracearon o folclore e a tradición galega, combinándoo cunha proposta renovada e auténtica.
A banda consolídase no formato actual con motivo da súa participación no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, no que Alberto Fojo (gaita e clarinete), Serafín Santamariña (acordeón) e Toñito Martínez (percusión) pasan a formar parte do grupo de pandeireteiros inicial.
En 2024 participan en destacados festivais de folk como o TradFest en Santiago de Compostela e publican os seus primeiros sinxelos, acadando unha boa acollida por parte do público.
As polifonías e o traballo vocal dos Carecos sobresaen notoriamente na súa proposta, así como un dominio total das percusións de man, conformando unha formación impecable, elegante e orixinal dentro do seu estilo.
O seu primeiro disco, “FOULA”, publicado tras un exitoso crowdfunding, marcou un punto de inflexión na súa traxectoria. Nel atopamos pezas como Palmira, Xota e muiñeira das Cortellas ou Tristimil, que xa anticipaban a forza do proxecto. A través deste traballo, o grupo reafirma o seu compromiso de levar o folclore galego cara a novas audiencias, abrindo camiños na música tradicional e demostrando que a mestura de tradición e innovación pode resultar nunha experiencia verdadeiramente valiosa
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcionalidades e características.