Sheila Patricia é unha artista, cantante e compositora galega recoñecida pola súa forza escénica e pola capacidade de fusionar tradición e vangarda. Cunha voz potente e coidada, conecta co noso imaxinario colectivo desde unha proposta que une ritmos actuais, música tradicional e empoderamento feminino.
Sobre o escenario, música e danza dialogan a través dun elenco de músicos e bailaríns que alternan instrumentos e movemento, construíndo unha posta en escena dinámica, orgánica e en constante transformación.
O seu estilo, definido en ocasións como “música fronteira”, sitúase nun espazo onde tradición e contemporaneidade conviven con naturalidade. O proxecto de Sheila Patricia vai máis alá do concerto: é unha experiencia artística que entende a música como canle de transformación persoal e colectiva.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcionalidades e características.