Xeitosa Producións

Empoderamos dende a raíz

Historia e propósito

Xeitosa é creada no ano 2019 por Sheila Patricia, unha artista emerxente galega que, tras vivir a experiencia de rodar polos escenarios da xeografía galega e internacional, observa as eivas que hai no sector á hora de profesionalizar e acompañar a carreira das artistas emerxentes.

Ponse mans á obra e comeza cun proxecto inicialmente de formación en música e estratexias para artistas emerxentes, que finalmente deriva na produción de eventos e acompañamento. Mentorías e acompañamento de artistas. Iniciamos o camiño acompañando a artistas como Catuxa Salom, Malvela, Ailá, ou a propia Sheila Patricia.

Valores

Cremos nunha industria musical máis inclusiva, diversa e accesible. Apostamos por unha perspectiva de xénero, promovendo a igualdade e a visibilización do talento feminino. Defendemos a cultura de base, dando voz ás novas promesas da música galega e creando espazos para a súa proxección. Traballamos na dinamización do sector, achegando a xuventude á produción musical e fomentando a súa participación activa. Porque a música é cultura, identidade e futuro, e queremos que chegue a todos os recunchos.

Equipo

Equipo - Sheila Patricia

Sheila Patricia

Nada nunha familia de artistas, estuda Filosofía, pero a súa traxectoria remata por estar máis próxima ás artes ca ás letras. Dedicada dende hai 12 anos de xeito profesional e ininterrompido á música, funda en 2019 Xeitosa Producións coa clara intención de dar soporte ás artistas emerxentes en Galicia. Cunha ampla experiencia no eido da produción, completa a súa formación durante a pandemia con cursos e intensivos de márketing dixital, especialmente orientados á industria musical.

Olalla Ferga

Olalla Ferga

Despois de estudar un ciclo superior de produción de audiovisuais e outro de edición e postprodución, comezou a gravar os seus propios vídeos tocando a batería. Pouco a pouco, foi gravando concertos e videoclips de amizades e, co paso dos anos, foi formándose máis na parte de edición e postprodución, complementándoo na actualidade con dous másteres en filmación aérea e pilotaxe de drons estabilizados e FPV.

Hai 10 anos, o que era un pasatempo converteuse no que hoxe en día é o seu traballo: gravar tanto para empresas como para artistas do panorama nacional.

Carla Vilariño

Carla Vilariño

Con formación en Publicidade e Relacións Públicas, desenvolve o seu traballo no ámbito da comunicación e a produción cultural. Conta con experiencia na coordinación de proxectos e na xestión de contidos, especialmente vinculados a eventos e iniciativas de carácter cultural.

Xa confiaron en nós