Experiencia e creatividade para o teu evento
En Xeitosa Producións, ofrecemos un servizo integral para artistas, marcas e eventos, combinando estratexias innovadoras, produción técnica e apoio ao talento musical. Desde a comunicación ata a xestión de concertos e festivais, axudamos a dar vida a proxectos únicos.
Creamos estratexias efectivas para dar visibilidade a artistas, eventos e marcas. Xestionamos campañas de prensa, redes sociais e publicidade para conectar coa audiencia axeitada. Representamos microinfluencers e facilitamos acordos con marcas, ampliando o impacto e xerando novas oportunidades.
Organizamos festivais e concertos, encargándonos de todo o proceso de produción técnica e artística. Ademais, deseñamos experiencias alternativas como charlas, exposicións, obradoiros e podcasts, ofrecendo novas formas de achegar a cultura ao público.
Acompañamos ás artistas no seu crecemento profesional con servizos de management, mentoría e desenvolvemento de carreira. Tamén nos encargamos do booking e da produción de xiras, facilitando que a súa música chegue máis lonxe.
Lanzamentos pequenos ou artistas que só necesitan prensa. Inclúe:
Obxectivo: xerar impacto mediático directo e xestionar relacións con medios de forma profesional.
Para campañas con máis contido e interacción. Inclúe todo o anterior máis:
Obxectivo: combinar visibilidade en medios e presenza en redes de forma orgánica, sen publicidade de pago.
O máis completo: cobertura total do lanzamento ou proxecto. Inclúe todo o dos anteriores máis:
Obxectivo: maximizar o impacto global (medios + redes + publicidade + contidos).
Adaptamos os packs ás túas necesidades!
Formación e ferramentas para xestionar a túa propia comunicación. Inclúe:
Videochamada personalizada de 1h 10 min
Creación da identidade visual e guía de uso
Planificación e deseño de publicacións
Acompañamento integral e planificación estratéxica. Inclúe:
Encargámonos de conectar o proxecto cos espazos, programadores e festivais máis axeitados, velando pola mellor representación posible do artista.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder a información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcionalidades e características.